(0)

O pirata Malapata

e-book


Malapata é un pirata ao que todo lle sae mal. Dá igual o que faga, que todo lle sairá sempre ao revés. Pero é o que pasa ás veces cando un é maleducado, caprichoso e cando non sabe compartir.

Nenos e adultos non poderán parar de rir con este álbum ilustrado e as extravagantes aventuras e dificultades do seu desafortunado protagonista: un pirata ao que ninguén ensinou a ser paciente e xeneroso.

Unha inusual e desternillante historia de piratas cun capitán gafe, un papagaio pesado, cen barcos e un final inesperado.